Posteado por: gtinter | 31/05/2009

Una posibilidad entre mil

Portada do cómic

Portada do cómic

O pasado sábado día 30 de maio tivo lugar no Salón do Cómic de Barcelona a presentación dun cómic moi especial: Una posibilidad entre mil. O acto foi presentado polos editores de Sins Entido: Jesús Moreno e Héloïse Guerrier, e contou coa presenza dos autores.

Cristina Durán e Miguel A. Giner Bou contan a historia dunha andadura personal que comeza o día en que nace a súa filla Laia e sofre unha doenza que lle causa dano cerebral.

Isto desencadea todo un proceso de angustia, loita, sufrimento, solidariedade, aceptación e de avances e retrocesos que miles de pais coñecen. E malia todo, Cristina e Miguel conseguen plasmar a súa experiencia sen sensacionalismos, dunha forma moi natural, sinxela e sincera. Emotiva e obxectiva, cunha actitude reflexiva e directa.

En contra do que puideramos pensar, tampouco é un cómic con pretensións didácticas. É un cómic ben narrado que recolle todas as situacións que se desenvolven ao redor de Laia e os seus pais dun xeito esperanzador e cunha actitude positiva.

Un cómic que non deberíades perder.

Podedes ter máis información no blog Jiro Taniguchi e na páxina oficial do cómic: www.unaposibilidadentremil.com.

Advertisement

Deja un comentario

Fill in your details below or click an icon to log in:

Logo de WordPress.com

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Cambiar )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Cambiar )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Cambiar )

Connecting to %s

Categorías